Blogia
CEIP A Pedra-Bueu

Maio e Xuño chegan cargados de actividades

Maio e Xuño chegan cargados de actividades

Despedimos o mes de abril asistindo a unha xenial actuación do grupo Migallas no centro social do mar. A obra "O Carballiño enfermo" ensinounos que falando con xente de outros países e outras culturas podemos aprender moitas cousas que nos van a enriquecer. Tamén nos recordou a importancia de coidar a natureza. 

Os alumnos de 5º visitaron a Illa de Ons nunha viaxe guiada e patrocinada pola Consellería de Medio Ambente, na que aprenderon moito sobre a flora e a fauna ademais de xogar e pasar un fermoso dia de convivencia.

Tamén en Maio fixéronse na biblioteca varias sesións de animación á lectura a cargo da mestra María Rey nas que os nosos alumnos botaron a voar a súa imaxinación, e traballaron a súa creatividade.

Os alumnos de infantil e de educación primaria asistiron no Centro Social do Mar á actuación teatral "Lobos de mentira".

O venres 12 de Maio visitou o colexio o señor Valentín, acompañado por membros da Anpa, que nos contou as súas experiencias como gardabosques e nos falou de como era a vida cotiá hai moitos anos.

Durante o mes de Maio todos os alumnos poden participar no concurso " ¿Que sabes sobre as letras galegas e sobre María Mariño?". Haberá un sorteo de agasallos para os afortunados gañadores. Moita sorte e anímate a participar.

Maio é o mes dos roteiros.Dende hai uns anos facemos saídas camiñando, con estes percorridos disfrutamos dun día na natureza e ademáis descubrimos a fermosura do noso entorno máis próximo. Este ano fixemos un percorrido por Cabo Udra

 

 

 

0 comentarios