Blogia
CEIP A Pedra-Bueu

Visita de Gonzalo Moure á nosa escola

Hai xa uns días que tivemos a inmensa sorte de escoitar a unha persoa que coas súas palabras nos transmitiu unha morea de vivencias e de sentimentos. A persoa en cuestión non era outra que  o escritor e periodista Gonzalo Moure. E repito o da inmensa sorte porque hai xa tempo que non escoitaba falar a alguén con tanta claridade dalgo tan íntimo e reservado como a súa propia vida, a súa familia, os seus pensamentos, emocións, desexos, preocupacións, etc. A verdade é que ollando a Gonzalo e escoitando a súa natural maneira de narrar, decateime de que o que realmente nos estaba transmitindo a tódolos que alí estabamos foi o seu amor pola xente, polos lugares amados, pola súa mai, pola literatura e en definitiva pola vida. E aprendín que só amando tanto a vida podes chegar a expresar o amor por todo o que nela te atopas e chegar a deixar unha pegada desas vivencias  compartíndoa deste xeito cos teus lectores.

Gracias de corazón, Gonzalo.

0 comentarios