Un amigo ben vale un poema.
Aos amigos e amigas e demáis seres queridos adicámoslles máis dunha vez frases cheas de sentimento. Nunha actividade deste tipo é obrigado ler para así aprender o fermosa que pode ser unha lingua sempre que empreguemos as palabras axeitadas. Sen dúbida que as dos poemas dos nosos alumnos tiveron unha clara inspiración nos libros de poesía que se poden atopar na biblioteca. Ler é aprender, e usar as palabras para comunicar os nosos sentimentos é unha longa e maravillosa aprendizaxe que dende a escola poñemos en práctica.
0 comentarios