Blogia

CEIP A Pedra-Bueu

ADEUS A MARIO BENEDETTI

ADEUS A MARIO BENEDETTI

O 17 de maio, Día das Letras Galegas,deixounos este gran poeta.

Ímonos unir á súa homenaxe lendo un dos seus poemas.

Te dejo con tu vida                                    
tu trabajo
tu gente
con tus puestas de sol
y tus amaneceres.

Sembrando tu confianza
te dejo junto al mundo
derrotando imposibles
segura sin seguro.

Te dejo frente al mar
descifrándote sola
sin mi pregunta a ciegas
sin mi respuesta rota.

Te dejo sin mis dudas
pobres y malheridas
sin mis inmadureces
sin mi veteranía.

Pero tampoco creas
a pie juntillas todo
no creas nunca creas
este falso abandono.

Estaré donde menos
lo esperes
por ejemplo
en un árbol añoso
de oscuros cabeceos.

Estaré en un lejano
horizonte sin horas
en la huella del tacto
en tu sombra y mi sombra.

Estaré repartido
en cuatro o cinco pibes
de esos que vos mirás
y enseguida te siguen.

Y ojalá pueda estar
de tu sueño en la red
esperando tus ojos
y mirándote

Letras Galegas

Letras Galegas

Este ano o día das letras está adicado a Ramón Piñeiro, se queres saber máis, pulsa aquí

Un amigo ben vale un poema.

Aos amigos e amigas e demáis seres queridos adicámoslles máis dunha vez frases cheas de sentimento. Nunha actividade deste tipo é obrigado ler para así aprender o fermosa que pode ser unha lingua sempre que empreguemos as palabras axeitadas. Sen dúbida que as dos poemas dos nosos alumnos tiveron unha clara inspiración nos libros de poesía que se poden atopar na biblioteca. Ler é aprender, e usar as palabras para comunicar os nosos sentimentos é unha longa e maravillosa aprendizaxe que dende a escola poñemos en práctica.

Visita de Gonzalo Moure á nosa escola

Hai xa uns días que tivemos a inmensa sorte de escoitar a unha persoa que coas súas palabras nos transmitiu unha morea de vivencias e de sentimentos. A persoa en cuestión non era outra que  o escritor e periodista Gonzalo Moure. E repito o da inmensa sorte porque hai xa tempo que non escoitaba falar a alguén con tanta claridade dalgo tan íntimo e reservado como a súa propia vida, a súa familia, os seus pensamentos, emocións, desexos, preocupacións, etc. A verdade é que ollando a Gonzalo e escoitando a súa natural maneira de narrar, decateime de que o que realmente nos estaba transmitindo a tódolos que alí estabamos foi o seu amor pola xente, polos lugares amados, pola súa mai, pola literatura e en definitiva pola vida. E aprendín que só amando tanto a vida podes chegar a expresar o amor por todo o que nela te atopas e chegar a deixar unha pegada desas vivencias  compartíndoa deste xeito cos teus lectores.

Gracias de corazón, Gonzalo.

¿No fondo do mar hai moito que ler?

¿No fondo do mar hai moito que ler?

A paz e a tranquilidade das profundidades mariñas é o ingrediente fundamental para disfrutrar do inmenso pracer da lectura. Mergullarse nunha historia tras outra vivindo emocionantes aventuras, ou investigar e aprender sobre o tema que se nos antolle, son dúas das moitas actividades que na nosa apacible biblioteca vas atopar. Mergúllate sen  medo e descubre este mundo fascinante e sen límites que se atopa neste recuncho do  mar.

Afondemos no mar , mergullémonos na nosa cultura

Afondemos no mar ,  mergullémonos na nosa cultura

Levamos un tempo adicándonos a estudar e aprender máis sobre o noso entorno xa que todo o que nos rodea é sen dúbida de moito interés para nós. O punto de partida para coñecer outros mundos e outras culturas é coñecer ben a propia. Ademáis afondar na nosa identidade propicia o interés por saber doutras  diferentes á nósa. A cultura mariñeira é unha destas actividades coa que iniciamos esta apaixoante e vital  tarefa de entender mellor este mundo noso.

Mares e océanos deron pé ao noso entroido

Mares e océanos deron pé ao noso entroido

Xa esquecémos o entroido, como sempre foi unha festa rachada, adicada este ano ao mar e aos océanos. Houbo disfraces para todos os gustos, piratas do caribe, mariñeiros, popeyes e olivas, damas de época que acompañaban aos conquistadores e descubridores que surcaron mares e océanos camiño do novo mundo, etc...

Mañá celebramos o día da paz

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do
dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque
sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o
feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e
entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro
unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as
nosas existencias:
PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para
pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa
quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por
conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos
aquí.

Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos
vivir en paz, que só hai que
crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor
primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O
noso labor é axudar por unha mellor sociedade do
futuro.
 

A maxia tamén chega á nósa biblioteca

Cos magos Cali e Norberto vivimos uns momentos máxicos na biblioteca do noso cole. Papirus estivo moi atento e despois da actuación sacou como conclusión que para ser mago hai que ler moitos libros. A maxia está nos libros, e para aprender algo tan difícil como a maxia hai que ler moitos libros diferentes, pensou Papirus. Así que xa sabedes queridos lectores, se queredes aprender maxia, podedes empezar por ter en conta este consello...abride un libro, están cheos de maxia

E Papirus dixo...viaxar no tempo ou aprender maxia xa é posible na biblioteca.

E Papirus dixo...viaxar no tempo ou aprender maxia xa é posible na biblioteca.

Non te perdas esta colección de libros. Son tan atractivos que sen dúbida quedarás abraiado. Son da ediorial Parramón e están na sección de cor verde. Atoparálos sen dificultade e será mesmo como atopar un tesouro.

E Papirus dixo.....

E Papirus dixo.....

 Eu, Papirus, saúdo a todos os namorados e namoradas das historias, feitos, relatos, poemas, contos e adiviñas. A colección " Libros do sol e da lúa " ten moitas historias tan simpáticas e cheas de imaxinación como a do " Cataventos ". ¿ Aínda non a coñecedes...?, ¿Tampouco sabedes o que é un cataventos?, ¿e vades quedar sen sabelo...? Estas e outras moitas cousas aprenderás lendo as historias desta colección.

O Magosto para Agosto...

O Magosto para Agosto...

Non queridos lectores e seguidores deste blog, non. Estamos en Novembro pero ben poderíamos ter degustado uns xeados de castaña. Se o cambio climático segue a deixarnos uns outonos tan quentiños e soleados habería que plantealo para o próximo curso. A temperatura e os xogos fixeron que a máis de un lle sobrara roupa.

As castañas quitáronlle aos nenos de A Pedra os escalofríos de Samaín.

As castañas quitáronlle aos nenos de A Pedra os escalofríos de Samaín.

Aínda lembramos as cancións de Samaín, e xa fixemos o magosto. Que enchenta de castañas, algunhas mesmo con extra* de proteínas, pero todo fixo falta para recuperar os folgos despois de tanta actividade física.

 

 

*léase verme

O Samaín na biblioteca

O Samaín na biblioteca

Na bibioteca do cole hai unha exposición de libros de terror e misterio que a mais de un lle vai a deixar os pelos de punta. Non teñades medo..., e xa sabedes que esta colección tan espeluznante é para ler na biblioteca, xa que non nos podemos responsabilizar dos seus efectos secundarios fóra dela.

Xa chegou o Samaín

Xa chegou o Samaín

Xa sabiades todos que a festa do Samaín estaba preto, pois ben, xa está aquí. A exposición de cabazas deste ano é impresionante, cada ano é mellor, aínda que poida que sexan as ganas de volver a vela as que fan que nos guste tanto. A festa do Samaín é unha festa pagana de orixe celta que tamén se celebra noutros países co nome de Halloween. O 31 de Outubro escoitei unhas cantigas de Samaín ao pé da nosa exposición de cabazas que en breve todos vos poderedes escoitar cando queirades, teñen un ritmo e unhas letras moi pero que moi marchosas.

 

 

Na nosa escola celebramos o aniversario de Papirus.

Na nosa escola celebramos o aniversario de Papirus.

O día vintecatro de Outubro Papirus, a nosa mascota, convidounos á súa festa de aniversario. Aínda non sabemos cantos anos cumpriu, non nos puxemos de acordo. Uns din que trinta e tantos, outros que moitos mais e algúns que menos.  O caso é que foi unha festa moi animada na que participaron todos os nenos e nenas deste colexio. A festa celebrouse na biblioteca, na que aínda podemos ver tódolos agasallos que lle trouxeron os nenos, ( poemas, debuxos, cancións,...) e tamén unha espléndida torta máxica só apta para algúns estómagos coma o do noso querido e lambón cefalópodo. Pero ninguén quedou co bandullo baleiro, xa que houbo moitas lambetadas para todos. Para os máis pequenos foi unha oportunidade para coñecer á nosa mascota. Un dos agasallos que nos fixo Papirus foi un marcapáxinas personalizado, e debedes saber que ao noso polbiño daralle moita ledicia que leades tantos libros como poidades.

Maio e Xuño chegan cargados de actividades

Maio e Xuño chegan cargados de actividades

Despedimos o mes de abril asistindo a unha xenial actuación do grupo Migallas no centro social do mar. A obra "O Carballiño enfermo" ensinounos que falando con xente de outros países e outras culturas podemos aprender moitas cousas que nos van a enriquecer. Tamén nos recordou a importancia de coidar a natureza. 

Os alumnos de 5º visitaron a Illa de Ons nunha viaxe guiada e patrocinada pola Consellería de Medio Ambente, na que aprenderon moito sobre a flora e a fauna ademais de xogar e pasar un fermoso dia de convivencia.

Tamén en Maio fixéronse na biblioteca varias sesións de animación á lectura a cargo da mestra María Rey nas que os nosos alumnos botaron a voar a súa imaxinación, e traballaron a súa creatividade.

Os alumnos de infantil e de educación primaria asistiron no Centro Social do Mar á actuación teatral "Lobos de mentira".

O venres 12 de Maio visitou o colexio o señor Valentín, acompañado por membros da Anpa, que nos contou as súas experiencias como gardabosques e nos falou de como era a vida cotiá hai moitos anos.

Durante o mes de Maio todos os alumnos poden participar no concurso " ¿Que sabes sobre as letras galegas e sobre María Mariño?". Haberá un sorteo de agasallos para os afortunados gañadores. Moita sorte e anímate a participar.

Maio é o mes dos roteiros.Dende hai uns anos facemos saídas camiñando, con estes percorridos disfrutamos dun día na natureza e ademáis descubrimos a fermosura do noso entorno máis próximo. Este ano fixemos un percorrido por Cabo Udra

 

 

 

VIOLETA MONREAL NO NOSO COLEXIO

VIOLETA MONREAL NO NOSO COLEXIO

 A escritora e ilustradora Violeta Monreal estivo no CEIP A PEDRA de BUEU os pasados días 10 e 13 de abril dentro das actividades de animación á lectura que organiza a  BIBLIOTECA do centro.
O alumnado do centro está traballando, desde fai dous meses, nas seguintes obras ilustradas e/ou escritas por Violeta Monreal:
EDUCACIÓN INFANTIL:
LOS COLORES DE CARLOTA. Violeta Monreal. Ed. ANAYA
CARLOTA REINA DE LAS LETRAS. Violeta Monreal. Ed. ANAYA.
CARLOTA LA DE LOS OJOS GRANDES. Violeta Monreal Ed. ANAYA.
Colección Papeles rotos, Editorial Anaya, autora e ilustradora Violeta Monreal
    - El cuervo negro.         - El fantasma blanco.
    - La piraña roja.           - La araña violeta.
    - El sapo verde.           - El gusano naranja.
    - El monstruo amarillo. - El marciano azul.
1º CURSO.... DÍAS DE GATOS escrito e ilustrado por Violeta Monreal de Ed. ANAYA
2º CURSO.... DÍAS DE PERROS escrito e ilustrado por Violeta Monreal de Ed. ANAYA
3º CURSO....NO QUIERO UN DRAGÓN EN MI CLASE escrito e ilustrado por Violeta Monreal de Ed. ANAYA
4º CURSO....PAMELA PANAMÁ YA NO CREE EN LOS CUENTOS DE HADAS escrito e ilustrado por Violeta Monreal. Ed. ANAYA
5º CURSO....PAMELA PANAMÁ CONTRA LA BRUJA DESCALZA escrito e ilustrado por Violeta Monreal. Ed. ANAYA´
6º CURSO....JINETES EN CABALLO DE PALO escrito por Marta Osorio e ilustrado por Violeta Monreal. Ed. ALFAGUARA.

A todo isto temos que engadir que os cursos de Educación Primaria, e dentro das mesmas actividades programadas pola Biblioteca do centro, teñen uns incentivos para ler e traballar os 28 libros da Colección ¿Qué sientes?.
As charlas-coloquio con Violeta estiveron moi animadas e nela puidemos comprobar os pasos que hai que dar no proceso creativo na elaboración e nas ilustracións de libros.

NOTA: Na páxina web do cole, sección BIBLIOTECA poderás ver a súa biografía, fichas completas da súa obra (máis de 160 libros) así como máis de vinte actividades sobre a súa labor como escritora-ilustradora.

Xa temos weblog...

Xa temos weblog...

O alumnado do CEIP A PEDRA de Bueu temos desde agora unha nova plataforma de información das nosas actividades, inquedanzas e traballos en xeral.

Esta weblog tentamos que sexa complemento da nosa páxina web do centro: http://centros.edu.xunta.es/ceipapedra/

Imonos dar un tempo de asentamento para poñer nesta páxina, gota a gota, todo ese mar de ideas que temos nas nosas cabezas.

Un saúdo a todos!

E... non se esquezan de voltar por aquí!